DOCUMENTACION


Durante tempo, nada mais que a historia de Saralegui, e a de Nicolas Fort Roldan, foron as referencias  (pouco centificas) dos feitos de Brión .  No ano 2000, coincidindo co 200 aniversario reeditouse esta pequqena obra a cargo da editorial local Embora 

 


 "FERROL HEROICO", foi nos tempos recentes a única publicación de fins do seculo XX, a cargo de Guillermo Escrigas, co recaudado polo libro edificouse a estatua a cargo de Feal, dos Heroes de Brión sita no Baluarte de San Xoan (porto), e esquencida durante moitos anos, ate que a AA.VV de Brión e o C.Montaña Ferrol, empezaron a  facer unha homenaxe 


A Asociación Cultural San Roman, tamén no 200 aniversario quixo sumarse coa edición dun folleto coa historia



Realemente non se sabía que dixeran os Ingleses desta derrota, que fixo rodar cabezas por Londres, o fotógrafo e historiador Rodrigo Ramos Ardá, liouse a manta a cabeza e foise alo, a ver todas as actas e sacar conclusións dos vencidos. Unha primeira edición foi editada polo concello,  e a posteriroi pola editorial Embora





Faltaba mirar nos arquivo da nosa Armada, e diso encargouse Santiago Gonzalez Llanos, contactado por nos cando era o Comandante da Base Naval da Graña (ESENGRA)



A Revista Naval da Marina, tamén fixo un número sobre desembarcos, no que incorporou un artigo de Hermenegildo Franco


Aproveitando a celebración, Fran Molinero, es-concelleiro de cultura e Prof. de literatura fai, como no seu día fixo Francsico Suarez (alcalde de Ferrol, en 1850) unha obra tetralizada co trasfondo da batalla.


ANECDÓTICO: Non hai quen falta que diga, 200 anos despois, que isto foi un erro, que con Portugal estaríamos mellor, polo que rexeitar ingleses, foi unha mala decisión... hai xente que non sabe estar neste mundo!!!
































No hay comentarios:

Publicar un comentario